As Pontes, 4 de decembro de 2020. A Presidencia da Xunta publica o Decreto polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.

Este decreto limita a entrada e saída no Concello das Pontes quedando exceptuados das anteriores limitacións aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se produzan por algún dos seguintes motivos:
a) Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.
b) Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais, sindicais e de representación de traballadores ou legais.
c) Asistencia a centros universitarios, docentes e educativos, incluídas as escolas de educación infantil.
d) Retorno ao lugar de residencia habitual ou familiar.
e) Asistencia e coidado, incluído o acompañamento, a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
f) Desprazamento a entidades financeiras e de seguros ou estacións de servizo en territorios limítrofes.
g) Actuacións requiridas ou urxentes ante os órganos públicos, xudiciais ou notariais.
h) Renovacións de permisos e documentación oficial, así como outros trámites administrativos inaprazables.
i) Realización de exames ou probas oficiais inaprazables.
j) Por causa de forza maior ou situación de necesidade.
k) Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.
O decreto establece tamén limitacións da permanencia de grupos de persoas en espazos públicos ou privados. No caso do Concello das Pontes a permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público, tanto pechados como ao aire libre, e en espazos de uso privado quedará condicionada a que non se supere o número máximo de catro persoas, agás que se trate de persoas conviventes.
A eficacia das medidas previstas neste decreto comezará ás 00.00 horas do día 4 de decembro de 2020. En principio, como mínimo, estarán vixentes ata a próxima xuntanza do comité clínico para valorar a situación