As Pontes, 26 de febreiro|Unha nova acción formativa dirixida ao comercio pontés. que se desenvolverá en dúas xornadas de 3 horas nun mesmo día e adaptarase especificamente ás necesidades de cada cliente.
Pactando con cada punto de venda os días e os horarios. A estratexia a aplicar a cada punto de venda é personalizada varía segundo a súa localización, liña de produto, tipo de cliente e obxectivos.
Desenvolvemento da formación:
- Estúdase a contorna, a túa competencia, os teus clientes, a túa tenda actual e o funcionamento do teu negocio.
- Elabórase unha estratexia global en función ás túas necesidades definindo as pautas para seguir e poñéndoas en marcha.
- Analízase a evolución e resultados axustando as pautas aos obxectivos.
- Analízase a colocación do produto a súa adecuada implantación e rotación, definindo zonas frías e quentes.
- Aprendemos a montar o noso propio escaparate e a utilizalo como ferramenta de venda.
- Planificamos diferentes campañas de escaparates e promocións de forma anual.
- Análise das súas debilidades, fortalezas e oportunidades de mercado.
- Perfil de clientes.
- Diferentes estratexias de Fidelización
- Como diferenciarnos da competencia
- Atención ao cliente e estratexia de vendas.
Para máis información poden chamar ou achegarse ata o IPPEC