As Pontes, 19 de xullo| Con motivo da conmemoración do día 8 de marzo, Día Internacional da Muller, a concellería de Turismo, Hostalaría, Comercio e Emprego iniciou, xa no mes de febreiro, os preparativos para a realización dun acto de recoñecemento a mulleres pontesas: “As nosas mulleres 2016” .
Nesta segunda edición, novamente homenaxearase a 18 mulleres propostas por entidades veciñais e sociais da vila coa finalidade de destacar publica e socialmente a súa traxectoria vital.
O xoves, día 21, ás 9 da noite no Auditorio Alovi, centos de veciños e veciñas participarán no acto final da programación establecida para celebrar o Día Internacional da Muller para este ano. A xornada de convivencia das 18 mulleres comezará ás 6 da tarde cunha sesión fotográfica diante do Casa do Concello para manter no recordo as imaxes deste día. A continuación participarán nun café-merenda de confraternidade para compartir experiencias e rematarán co acto de homenaxe ante os seus veciños e veciñas. “Trátase de contribuír, con este acto, a visualizar as aportacións das mulleres na vila das Pontes e recoñecer a súa traxectoria en calquera ámbito” indica a edila da área de emprego, Ana Pena. “Animo aos veciños e veciñas a que participen neste acto no que todas as mulleres foron propostas polas asociacións veciñais e que dende o Concello queremos apoiar e recoñecer publicamente”:
- Alicia Fernández Rodríguez (AVV Virxe do Pino de Saa),
- Beneranda Díaz Gundín (AVV de Pontoibo),
- Caridad Formoso Antón (AVV Lembranza da Vila),
- Carmen Chao Ramos (AVV do Aparral),
- Digna Rivas Corral (AVV Encoro da Ribeira de Marraxón),
- Dolores Augusto López (AVV Focapa do Paraño),
- Encarna Picallo Hermida (Asoc. Amas de casa, Consumidores e Usuarios),
- Josefa Basoa Barro (AVV Espiñaredo),
- Josefa López Carballeira (AVV Painceiras de Ribadeume),
- Julia Anidos Anidos (AVV Beira do Eume),
- Mª del Carmen Sabina Pérez (AVV A Choupana),
- Mª Evangelina Martínez Rego (AVV Veiga de Areosa),
- Mª Herminia Piñeiro Guizán (Asoc. Viúvas María Magdalena),
- Mª del Mar Alvariño Trastoy (AVV A Cuíña),
- Mª Manuela Meizoso Fontao (AVV Raíces de Goente),
- Mª Teresa González López (AVV Virxe do Rosario da Faeira),
- Manuela Fontao Rodríguez (AVV A Magdalena),
- Purificación Leal Campos (AVV Cal da Avelaíña).