As Pontes, 28 de novembro| Na aula CeMIT comezará unha nova iniciativa centrada no uso dos teléfonos móbiles.

O día 1 poñeremos en marcha “Uso cotiá dos teléfonos móbiles”. Esta actividade ten
como obxectivo axudar ós nosos maiores no uso dos teléfonos intelixentes. Dedicaremos
unha hora e media tódolos venres para poder facer prácticas de uso e resolver posibles
dúbidas.
Contidos:
• Axenda, contactos e aplicacións predefinidas.
• Axustes básicos.
• Instalación de aplicacións
• Whatsapp
• Navegación pola Internet
• GPS.
Uso cotiá dos teléfonos móbiles
Horario 10:30 a 12:00
Periodicidade Todos os venres
Duración Novembro – Xuño

Para inscribirse  ou para solicitar máis información poden acudir á Aula CeMIT
das Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó teléfono
637 900 975, enviar un correo electrónico a [email protected] ou visitar a
web https://cemit.xunta.es.