As Pontes, 23 de febreiro| O Concello das Pontes convoca unha concentración para gardar un minuto de silencio, mañá venres 24 de febreiro ás 12:00 horas diante do Concello para manifestar o seu rexeitamento contra a violencia de xénero, tralos últimos asasinatos cometidos en Villanueva del Fresno (Badaxoz), Gandía, Valencia e Santa Perpetua de Mogoda (Barcelona).