As pontes, 24 febreiro|Club Atletismo Olympo: Dende a Directiva do Club Atletismo Olympo, alédanos poder presentarvos a carreira organizada, nun man a man, co Concello das Pontes.

Este ano, como ben sabedes, a proba volve a ser solidaria, e colaborarase co Patronato Concepción Arenal de Ferrol, asociación que xestiona unha casa de acollida para mulleres: 

– Vítimas de violencia de xénero sen denuncia.

– Vítimas de violencia doméstica.

– Mulleres sen recursos e sen rede social de apoio.

– Mulleres xestantes sen recursos e sen apoio familiar.

Asimesmo, tamén acollen ás mulleres e menores ao seu cargo.

Podes consultar o regulamento da carreira deste ano, asimesmo como o cartel, os percorridos de todas as carreiras, dende os pitufos ata os adultos, e a páxina donde poderedes facer a vosa inscripcion dende este mesmo momento (para carreira e andaina 3€ para os adultos, é gratuita para os menores de idade). 

CONSULTAR REGULAMENTO DA CARREIRA PREME AQUÍ

Teredes a modalidade de carreira, para todos aqueles ávidos de queimar adrenalina pola Cubeliña arriba, ou andaina para os que soamente lles apeteza estirar as pernas un pouco menos, e para os que non podan participar de unha forma ou outra, podedes facer a vosa aportación tamén no DORSAL 0.

COLABORAR CO DORSAL 0 PREME AQUÍ

INSCRIPCIÓN CARRERIA OU ANDAINA. PREME AQUÍ

Asimesmo poderedes facer a vosa inscripción de maneira presencial en OPTICALIA CALLAO AS PONTES en horario de 10:00 – 13:30 e 16:30 – 20:00.

Reservade o indeiro día 19 DE MARZO ÁS 11:00 DA MAÑA para desperezar ese corpo, tanto na carreira como na andaina.

Animádevos e vide pasar un día diferente con todos nos!!!!!!!! Esperamosvos con novas sorpresas!!!!