As Pontes, 2 de xullo| A aula ceMIT do Concello de As Pontes organiza un novo curso de mecanografía para nenos. As alumnas e alumnos aprenderán a escribir no ordenador utilizando todos os dedos da man, o que permite unha maior rapidez no uso diario destes dispositivos.
- Datas do 9 ó 20 de xullo.
- Horario de 10:00 a 11:15 o grupo I / 12:00 a 13:15 o grupo II. Haberá a posibilidade de inscribirse en dous grupos.
- Prazas 12 por grupo.
- Idade Entre 6 e 16 anos.
Estas actividades son totalmente gratuítas. A inscrición no curso realizarase no departamento de cultura da casa Dopeso.