Un ano máis as Escolas Municipais de Cultura inician un curso ofertando as seguintes modalidades:

– Tradicional: frauta-gaita, pandeireta, acordeón, percusión e baile galego.

– Baile moderno, danza clásica e flamenco.

O luns 7 de setembro ábrese o prazo para solicitar a RENOVACIÓN DE PRAZA para os alumnos xa matriculados nas Escolas Municipais de Cultura no curso anterior (2014-15).

Estes alumnos terán dereito á reserva de praza, sempre que:

– Completase todo o curso anterior con asistencia habitual ás clases.

– Non ter recibos pendentes.

– Non se solicitara baixa do curso anterior.
Prazo: de luns 7 ao luns 14 de setembro.
Todos os alumnos matricularanse no mesmo grupo que rematou o curso anterior.

 

Os alumnos de NOVA MATRICULACIÓN, poderán solicitar praza dende o xoves 17 ata o xoves 24 de setembro. A adxudicación de prazas pode ser:

– DIRECTA. No caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñible.

– SORTEO. No caso de que o número de solicitudes supere ao número de prazas dispoñibles. O listado de prazas vacantes, xunto coa data e horario do sorteo exporanse o mércores 16 no taboleiro de anuncios do Dpto. de Cultura na Casa Dopeso.

HORARIOS de matrícula: mañás de 8:30 a 14:00h; tardes dos martes e mércores de 17:00 a 19:00h.


GAITA. grupos de iniciación e perfeccionamento. Nenos a partir dos 6 anos. Clases os luns dende as 17h no Auditorio M. Cine Alovi.

PANDEIRETA para adultos os martes dende as 18h na Casa Dopeso

ACORDEÓN os mércores na Casa Dopeso dende as 18h

PERCUSIÓN TRADICIONAL nenos dende os 6 anos. Os xoves no Auditorio M. Cine Alovi a partir das 16h

BAILE GALEGO nenos dende os 6 anos. Os xoves no Auditorio M. Cine Alovi a partir das 19h

DANZA CLÁSICA os luns para os máis pequenos (nena/os a partir dos 5 anos-nacidos no 2010), e venres para os maiores

BAILE MODERNO luns, venres e sábados (nacidos a partir de 2009)

FLAMENCO para xuvenís e adultos.