As Pontes, 8 de setembro de 2021. O Concello das Pontes publica hoxe a resolución definitiva das axudas ás familias para a escolarización dos seus fillos/fillas para o curso 2021-2022.

Segundo as bases reguladoras específicas das axudas ás familias para a escolarización dos seus fillos/as para o curso 2021/2022, trala resolución de concesión da axuda económica, as contías serán aboadas mediante a entrega dun vale indivisible e canxeable polo dito material escolar, as persoas solicitantes propostas como beneficiarias.

Deste xeito, a persoa beneficiaria acudirá ás oficinas de Servizos Sociais (2º andar da Casa Dr. Dopeso) para retirar o vale da axuda concedida, entre os días 8 e o 21 de setembro, dende as 9:00 ás 13:00 horas.

LISTADO AXUDAS CONCEDIDAS

LISTADO AXUDAS DENEGADAS