As Pontes 9 de setembro de 2021. O concello das Pontes abre mañá, 10 de setembro o prazo de inscrición na terceira edición do programa Cuidadanas, organizado pola Fundación Mujeres co finaciamento da Deputación da Coruña.

A través desta iniciativa, o goberno municipal busca ofrecer ás coidadoras informais da vila un recurso de orientación, acompañamento e apoio, tanto a nivel emocional, formativo, social como social co obxectivo de contribuír a mitiga o impacto derivado do coidado de persoas en situación de dependencia.

Tania Pardo, responsable da área de Benestar Social, subliña a importancia desta actividade na mellora da calidade de vida das mulleres das Pontes e na promoción do seu desenvolvemento persoal, a través da creación de relacións interpersoais entre as mulleres pontesas que viven unha realidade similar. “ O coidado das persoas dependentes ten unha influencia directa sobre a saúde, a autoestima, a vida laboral, as relacións sociais e familiares das mulleres coidadoras e nesta terceira edición buscamos seguir axudándoas mediante este servizo de apoio integral, proporcionándolles ferramentas para o seu autocoidado”.

Este programa, a través de diferentes obradoiros, afondará en aspectos como a xestión das emocións, poñendo á disposición das participantes unha serie de ferramentas encamiñadas a minimizar as problemáticas derivadas do coidado de persoas dependentes, a relaxación a través da respiración, a alfabetización dixital ou proxecto vital a través do que as participantes obterán claves para mellorar a súa saúde e autocoidado, orientada a paliar os riscos de saúde asociados ás malas prácticas e hábitos prexudiciais en relación ás tarefas que desenvolven como coidadoras.

Todos os talleres se desenvolveran os luns, desde o 20 de setembro ao 29 de novembro, de 10:30 a 12:30 horas na sala polivalente da Casa  Dopeso e aquelas mulleres que estean interesadas en participar ou queiran solicitar máis información poden poñerse en contacto co Departamento de Benestar Social (Casa Dopeso, Rúa Rosalía de Castro, 28, 2º andar) do Concello das Pontes chamando ao número de teléfono 627 779 129