RTVEume| Hoxe regresa a música ao lar de Endesa da man, unha vez máis, do colectivo de gaiteiros e gaiteiras da nosa vila.  Volven as foliadas gaiteiras para despedir o mes en curso e, neste caso, coa Edición número 76 destas xuntanzas de música tradicional, festa e diversión.

Neste caso, dende as 22:30h da noite poderemos desfrutar da Escola Municipal de Música e Baile Tradicional, coas seccións de pandeireta, gaita, percusión, baile de adultos e infantil, e acordeón que da man dos mestres Román Romero, Zayra Regueira, Belén Mato e Jorge Vázquez van presentar algúns dos temas e bailes aprendidos ao longo destes meses de curso.

Máis dun cento de alumnos e alumnas tomarán parte nesta homenaxe á música tradicional que, unha vez máis, será de entrada totalmente gratuita.