As Pontes, 16 de febreiro| Con motivo da apertura da convocatoria das axudas no marco do Programa LEADER 2.014-2.020, seitura 22 organiza unha serie de reunións informativas abertas para dar a coñecer as mesmas á cidadanía en xeral.

As reunións previstas nunha primeira instancia serán as seguintes:

– Día 23/02/17 ás 20:00 horas no Auditorio do Centro Torrente Ballester, Concello de Ferrol.

– Día 22/02/17 ás 20:00 horas na Fundación Ortegalia, situada na Avda. Francisco Santiago 6-9, Concello de Ortigueira.

Día 21/02/17 ás 20:00 horas no Salón de actos da Asociación SEARA, situado no Polígono Industrial de Penapurreira – Parcela Equipamiento, 1, Concello das Pontes.