As Pontes, 16 de febreiro| A Deputación da Coruña organiza coa colaboración da Asociación de Empresarios SEARA e do Concello de As Pontes a través do IPPEC, unha presentación sobre as subvencións do programa PEL (PROGRAMA DE EMPREGO LOCAL), o xoves 23 de febreiro ás 19:00 h, no Centro de Dinamización Empresarial e Incubadora de Empresas SEARA (Polígono Industrial de Penapurreira).

Dita presentación consitirá en explicar polo miúdo :


# LIÑA 2 PEL EMPRENDE: axudas para o fomento da iniciativa empresarial entre mozos emprendedores da provincia.
# LIÑA 3 PEL PEME: axudas para a creación ou ampliación do cadro de persoal de pemes e micropemes en calquera das modalidades xurídicas existentes, con domicilio fiscal en concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes.


Nesta ocasión contaremos coa intervención do Presidente da Deputación , Sr. D. Valentín González Formoso.

Aquelas persoas interesadas en asistir poden inscribirse nesta dirección de correo electrónico ou ben no seguinte teléfono.
Teléfono: 881245992
[email protected]