[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]RTVEume| Melchor, Gaspar e Baltasar desafiaron á mala climatoloxía na tardiña do pasado martes e acudiron coma sempre puntuais á súa cita cos pequenos e pequenas de as pontes durante a noite máis máxica do ano.

Nin o forte vento, nin a chuvia nin os tronos amedrentaron ás súas maxestades de Oriente que, a bordo, de seis impresionantes carrozas se achegaron ata As Pontes para compartir cos nenos e nenas da nosa vila a tarde do cinco de xaneiro.

O mal tempo foi unha das anécdotas da xornada e é que moitos decidiron quedar nos seus fogares debido á chuvia, polo que, este ano o percorrido das súas maxestades polas rúas pontesas foi menos concorrido que noutras ocasións.

De todos os xeitos, moitos foron os veciños e veciñas de todas as idades que desafiaron ao mal tempo e, armados con paraugas, un bo abrigo e roupa de inverno saíron á rúa para saudar a Melchor, Gaspar e Baltasar e ata facerse con algúns dos doces que as súas maxestades repartiron por onde pasaban.

Escoltados como é habitual pola Banda Cultural e Recreativa de As Pontes, os voluntarios de Protección Civil e, por suposto, os seus paxes, as súas Maxestades partiron da avenida de Monte Caxado para afrontar o tradicional percorrido polas rúas máis céntricas do pobo, con colofón na casa consistorial.

Alí, da man do alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, recibían a chave do pobo, que serviu para abrir as portas de todas as casas dos nenos e nenas de As Pontes na noite do martes e para deixar moitísimos agasallos a todos aqueles nenos e nenas que tan ben se portaron neste último ano.

Asemade, as súas maxestades tamén deron lectura a algunha das misivas que, nestes días atrás, se estiveron a depositar no buzón real que estivo instalado no poboado de Nadal.

Despois de deixar o balcón do Concello chegaba o momento máis máxico da tarde e é que, o salón de plenos cambiou a súa función habitual para transformarse nunha sala de encontro entre os pequenos e pequenas e as súas maxestades.

Moitos foron os que aproveitaron para transmitirlles ao seu Mago favorito eses xoguetes que, de seguro, na mañá de onte estaban baixo a súa árbore de Nadal e ata quen tomou máis dunha instantánea con personaxes tan ilustres, unha tarde máxica para pequenos e non tan pequenos que serviu para pechar este Nadal pontés.

[/fusion_text][fusion_code]PGEgZGF0YS1mbGlja3ItZW1iZWQ9InRydWUiICBocmVmPSJodHRwczovL3d3dy5mbGlja3IuY29tL3Bob3Rvcy9jb25jZWxsb2RlYXNwb250ZXMvYWxidW1zLzcyMTU3NjYyNjI2NjczODEwIiB0aXRsZT0iQ2FiYWxnYXRhIGRlIFJlaXMiPjxpbWcgc3JjPSJodHRwczovL2Zhcm0yLnN0YXRpY2ZsaWNrci5jb20vMTY4Ny8yNDA4NjM1NDU1Ml81YTA2ZDUxODcxX2MuanBnIiB3aWR0aD0iODAwIiBoZWlnaHQ9IjQ1MCIgYWx0PSJDYWJhbGdhdGEgZGUgUmVpcyI+PC9hPjxzY3JpcHQgYXN5bmMgc3JjPSIvL2VtYmVkci5mbGlja3IuY29tL2Fzc2V0cy9jbGllbnQtY29kZS5qcyIgY2hhcnNldD0idXRmLTgiPjwvc2NyaXB0Pg==[/fusion_code][/fullwidth]