As Pontes, 19 de xaneiro| A escola municipal de baile do Concello das Pontes e a Cía de teatro O Catre;  realiza o vindeiro venres 27 ás 2030h e, sábado 28 ás 18h e 20.30h,  representacións do espectáculo adicado ao afamado coreógrafo  “Fosse” para colaborar cun fin social. Nesta ocasión a “entrada solidaria” faise para facilitar aos mozos en situación desfavorable produtos de aseo y coidado persoal.  A retirada de invitación a estes espectáculos farase entregando na taquilla un produto de limpeza facial, peiteado, afeitado, depilación etc… .

Retirada de invitacións aos espectáculos na taquilla do auditorio:

sábado 21: 10.30-12h  invitacións para os espectáculos do sábado 28

luns 23: de 17 a 19h   para o espectáculo do venres 27

A taquilla estará aberta tamén  unha hora antes de cada función.