As Pontes, 24 de xaneiro|

Novo curso de teleformación da rede CeMIT para a obtención do Certificado Galego de Competencias Dixitais en Ofimática (CODIX).

Aberto o prazo de inscrición no curso de teleformación para a obtención do CODIX.

¿Qué é o CODIX?

A certificación galega de competencias dixitais en ofimática é o documento que acredita posuír a combinación de coñecementos, capacidades e aptitudes no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións que as persoas precisan para desenvolverse con eficacia e eficiencia no manexo de aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación.

A inscrición neste curso de teleformación da dereito a inscribirse nun exame ó remate do curso para obter esta certificación.

Información sobre esta convocatoria:

•Prazo de inscrición: dende as 00:01 horas do martes, día 24 de xaneiro, ata as 24:00 horas do luns 30 de xaneiro. Lembrar que non se selecciona ao alumnado por orde de inscrición, polo que non é necesario acceder con celeridade para tramitar a solicitude

•Rematado o prazo de preinscrición (30 de xaneiro), realizarase o sorteo das letras do apelido para establecer a orde de inscritos con dereito a matriculación e reservas. Publicarase o resultado na páxina web e enviaraselle as persoas seleccionadas un correo coas instrucións e prazo para a realización do pagamento e a súa matriculación.

•Exame presencial: ao remate do curso – 12 semanas- (primeira quincena do mes de xuño)

A inscrición realizase, obligatoriamente, a través da páxina do CeMIT: cemit.xunta.gal

“Iniciación á informática e Internet: nivel intermedio”.

O próximo día 2 comezaremos a actividade “Iniciación á informática e Internet: nivel intermedio”. Está destinada á xente con coñecementos moi básicos que quere ampliar os seus coñecementos na xestión do ordenador e na navegación pola rede.

Contidos:

•Creación e xestión de arquivos e cartafoles.

•Copiar/cortar e borrar arquivos e cartafoles

•Internet. Uso do navegador para xestionar as túas páxinas favoritas.

•Navegación por lapelas.

•Descarga de imaxes e outros contidos.

Iniciación á informática e Internet: nivel intermedio

Horario

10 a 12:00

Periodicidade

Luns, martes, xoves e venres

Duración

Do 2 ó 14 de febreiro

Para inscribirse  ou para solicitar máis información poden acudir á Aula CeMIT das Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a [email protected] ou visitar a web https://cemit.xunta.gal.