As Pontes, 5 de xuño de 2020. A Xunta de Goberno Local aprobou inicialmente o Proxecto de Urbanización do Poboado das Veigas (Poboado de ENCASO), que presentou no concello ENDESA Generación, SA.

De acordo co disposto no artigo 96.3 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia e no artigo 226 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o proxecto de urbanización sométese a información pública polo período dun mes, rematando o período de exposición o 6 de xullo de 2020.

Durante o período de información pública, o proxecto poderá examinarse nas oficinas de urbanismo do Concello (Avenida de Castelao, número 36, 2º andar) en horario de 09:00 a 14:00 horas, para os efectos de que se presenten as alegaciónse suxestións que se consideren pertinentes.

Asemade, o proxecto está a disposición das persoas interesadas na seguinte ligazón: https://sites.google.com/olivomedia.com/concello-das-pontes/consulta-publica