Atletismo Olympo | Poucas novidades con respecto ó ano pasado. Manteremos dous grupos principalmente:
GRUPO DE MENORES
PREBENXAMÍN (2009) BENXAMÍN (2007-2008) ALEVÍN (2005-2006)
Seguirán adestrando mércores e venres de 17:30 a 18:30 e contarán como monitores con Susana Castro e César Ramil. As categorías benxamín e alevín participarán no programa XOGADE de atletismo e tamén poderán participar nas probas da federación galega de atletismo. As clases comezarán o mércores 7 de outubro.
GRUPO DE MAIORES
INFANTIL (2003-2004) CADETE (2001-2002) XUVENIL (1999-2000) JUNIOR (1997-1998)
Os adestramentos serán martes, mércores e venres de 17:30 a 19:00, (con adaptacións en cada caso). Comezarán as clases o mércores 16 de setembro.
NOTA: Como novidades, facilitamos que se faga a inscrición na escola ó inicio ou finalización dos adestramentos (sen interrumpir en ningún caso a práctica deportiva) e dende o club encargarémonos de realizar a xestión necesaria co Departamento de Deportes.
Para unha información máis detallada pincha aquí.