As Pontes, 21 de xullo| Este mércores déronse a coñecer as persoas gañadoras do Concurso de Fotografía Dixital #VenAsPontes, así como os principais datos de participación e impacto do certame.
A Concelleira de Turismo, Hostalaría, Comercio e Emprego do Concello das Pontes, Ana Pena, agradeceu a todos os concursantes a súa participación e destacou o impacto que as súas fotografías tiveron en internet. Con máis de 111.000 persoas acadadas en Facebook e unhas 20.000 visualizacións das fotografías na web www.turismoaspontes.com/venaspontes , acadouse o principal obxectivo do concurso, que era o de promocionar os atractivos das Pontes utilizando as canles de comunicación online de Turismo As Pontes, que xa contan con preto de 5000 seguidores.
No referente aos premios, foron outorgados polos votos do público e polo xurado, conformado por fotógrafos profesionais das Pontes e membros das Asociacións COHEMPO e HUME, así como unha representante do Concello das Pontes. Os premiados recibiron un diploma acreditativo, unha cesta con produtos gastronómicos das Pontes e un vale de 100€ a consumir na hostelería e comercio local.
PREMIOS DO PÚBLICO
Categoría | Autor/a | Título |
Fotaza | Jesús Fernández Bouza | O paso da Vila |
Momentazo | Carolina Díguele Parras | Na Ribeira |
Espectáculo | Charo Parras Osado | Trabajando en la alfombra |
PREMIOS DO XURADO
Categoría | Autor/a | Título |
Fotaza | Mónica Fernández Feal | Reflexos e sedas |
Momentazo | Patricia Rivera | De pesca no Eume |
Espectáculo | Isaac Giz Pulgar | On fire no Alovi |
Ademáis, o xurado destacou outras 3 fotografías, que a pesar de non resultar gañadoras, merecen unha mención especial:
- Michael Jackson “ONE”; Escola de Baile Moderno Municipal, de Maria José Alen
- Serra da Faladoira, de Andrés Vilaboy Jarel
- O arco da vella sobre o Lago, de Iria Bellas Carballo
[/fusion_text][/one_half][one_half last=”yes” spacing=”yes” center_content=”no” hide_on_mobile=”no” background_color=”” background_image=”” background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” border_position=”all” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding=”” margin_top=”” margin_bottom=”” animation_type=”” animation_direction=”” animation_speed=”0.1″ class=”” id=””][fusion_text]
Principais datos de participación e impacto: