As Pontes, 2 de novembro| Entran xa no treito final as obras de adecuación nas beirarrúas da rúa Sergio Rivera Chao.

Logo da retirada da plaqueta destas instalouse xa o formigón coloreado, máis seguro e estético para a zona, e en canto asente completarase esta actuación que vai levar aparellada a adaptación en accesibilidade.

Rebaixando estas beirarrúas, e con acceso directo nas zonas de pasos de peóns, trabállase xa con vistas ó proxecto de facer unha zona de maior aproveitamento para o esparcemento do Parque Lesneven.

Mesmo se completou a beirarrúa, polo acceso que ven do Rego do Campo, tamén con vistas á actuación no propio parque, que contará cun novo paso que o atravese con zonas de miradoiros nunha pasarela.

Para esa nova actuación haberá que agardar aínda ó permiso de Augas de Galicia, pois cóntase xa co proxecto e o orzamento destinados á rehabilitación deste espazo.

Mesmo se vai someter e un remozado na ponte de Yllade, que tamén atravesará ese paseo novo.