As pontes, 9 de xaneiro| O día 9 comezará “Iniciación á informática e Internet”. Este curso está dirixido ás persoas que tiveron moi pouco ou ningún contacto co mundo da informática. Comezaremos dende cero vendo como manexar ó ordenador. Seguiremos cunha introdución á navegación web e o correo electrónico.
Contidos:
•Qué é a informática. Usos dos ordenadores.
•Uso de teclado e rato
•Internet. Navegador.
•Buscar información na rede. Google.
•Páxinas e servizos de interés na rede.
•Manexo de arquivos e cartafoles
•Uso básico do correo electrónico
Horario: de 10:00 a 12:00h
Periodicidade: luns, martes, xoves e venres
Duración: do 16 ao 24 de xaneiro
O venres 13 terá lugar unha charla sobre o uso de Facebook no móbil:
Facebook é a rede social con maior número de usuarios en España e seguro que moitos dos teus coñecidos a utilizan para compartir momentos da súa vida. Neste curso falaremos de como utilizala para que ti tamén poidas unirche á conversación.
Contidos
•Como compartir contidos en imaxes, vídeos, álbums de fotos e participar nas conversacións que che interesen
•Comentar e responder a publicacións de amigos en Facebook
•Coñecer como atopar grupos de usuarios en Facebook que compartan os teus mesmos intereses
•Unirte a grupos e as posibilidades de participación que existen nos mesmos
Horario: 11:30 a 13:30h
Periodicidade: venres 13 de xaneiro
Duración: 2 horas
Tamén queremos recordar que aínda quedan prazas para o curso de mecanografía polo que ampliamos o prazo de inscrición:
Horario: 16:00 a 17:00h
Periodicidade: luns, martes e mércores
Duración: do 9 de xaneiro ao 27 de febreiro
Para inscribirse ou para solicitar máis información poden acudir á Aula CeMIT das Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a [email protected] ou visitar a web https://cemit.xunta.es