As Pontes, 8 de marzo de 2023.  Como cada 8 de marzo, desde o Concello das Pontes, sumámonos ás reivindicacións do  Día Internacional das Mulleres e reiteramos o noso firme compromiso coa consolidación da igualdade entre mulleres e homes, plena e efectiva, esencial para o avance da nosa sociedade e a mellora da nosa democracia.

É necesario lembrar que o Día 8 de Marzo, foi institucionalizado por decisión das Nacións
Unidas en 1975, como o Día Internacional das Mulleres, recoñecendo de maneira
implícita que as mulleres, a metade da poboación do planeta, vive e habita nel en clara
desvantaxe cos homes, admitindo a necesidade de deseñar políticas públicas que
corrixan esta situación de desigualdade e clara discriminación.

Nacións Unidas elixiu para este 8 de marzo 2023 o lema “Por un mundo dixital inclusivo:
Innovación e tecnoloxía para a igualdade de xénero” para explorar as desigualdades
sociais e económicas consecuencia da fenda dixital de xénero, poñendo o foco tamén en
abordar a violencia de xénero nos espazos dixitais que afecta a nenas e mulleres.
A igualdade é unha cuestión de calidade democrática e tamén garantía de que o benestar
sexa unha realidade para todas as persoas e non á conta da metade da poboación.
Somos a metade da humanidade, e polo tanto, a desigualdade e opresión que sufrimos
por ser mulleres golpea directamente ao corazón das nosas democracias xa que impide o
desenvolvemento pleno da nosa condición de cidadanía.

Necesitamos políticas dirixidas a pechar as moitas fendas que nos quedan aínda penden
tes como a laboral e salarial, a fenda dixital ou a da corresponsabilidade. Actuacións desti
nadas a impulsar a corresponsabilidade e a corrixir as situacións de desigualdade das
mulleres desde o ámbito rural ao investigador e tecnolóxico. Porque ningún deles son
compartimentos estancos, e só abordándoos transversalmente poderemos deseñar os
mecanismos certeiros para acabar coa desigualdade.

Non debemos esquecer os colectivos vulnerables onde as mulleres se atopan en situa
cións de discriminación múltiple: por ser mulleres e por ter unha discapacidade, ser dunha
raza ou etnia concreta, ter unha determinada idade ou vivir e traballar fóra das grandes ci
dades ou núcleos de poboación. Neste sentido temos en conta ás mulleres do mundo ru
ral e o seu papel fundamental no desenvolvemento de actuacións relacionadas coa loita
contra o despoboamento e o reto demográfico.

Debemos seguir demandando políticas dirixidas a loitar contra a pobreza infantil e a de
moitas mulleres con fillos e fillas a cargo. Políticas contra a prostitución e trata de mulleres
e nenas, contra os ventres de alugueiro, contra todo aquilo que supón un ataque frontal
aos dereitos humanos das mulleres.

Acabar coa discriminación entre mulleres e homes e o patriarcado resulta non só un deber
ético senón un inaprazable compromiso histórico no que todas as institucións públicas
deben e teñen que participar de xeito activo.

Desde o Concello das Pontes amosamos o noso compromiso coa erradicación da
violencia de xénero, o fin da precariedade laboral e a brecha salarial, a defensa dos
dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres, a abolición da trata de persoas con fins de
explotación sexual. Queremos unha sociedade paritaria e participativa na que as mulleres
ocupen o lugar que lles corresponde por dereito. Unha sociedade que trate ás mulleres
como persoas libres para tomar as súas propias decisións.

O feminismo é a resposta a esa concepción do mundo no que as mulleres somos cidadás
de segunda categoría. O feminismo é a resposta á sociedade patriarcal que se sostén
sobre a explotación e opresión da vida e os corpos das mulleres.

Hoxe en día, malia os avances que temos conquistado, estamos a ver como os dereitos
tamén se poden perder. É preciso seguir impulsado medidas encamiñadas a garantir o
cumprimento dos dereitos e obrigas recoñecidos a día de hoxe na lexislación vixente;
impulsar novas políticas e seguir a traballar de maneira transversal en todos os ámbitos
para conquistar novos dereitos e impedir calquera retroceso nos xa recoñecidos.

O 8 de marzo reivindicamos todo o que queda por facer. A igualdade real e efectiva é o
horizonte cara o que temos que camiñar xuntas, unidas e firmes. Existe unha ameaza real
de reversión dos logros das mulleres que tanto esforzo custou conseguir.

Declaramos a nosa firme vontade para continuar creando unha sociedade xusta, onde
mulleres e homes teñan os mesmos dereitos e onde as nenas e os nenos medren en
igualdade de oportunidades con independencia do seu xénero.

Este 8 de Marzo queremos destacar, fronte a quen negan, vulneran e atacan os dereitos
das mulleres, o profundo valor democrático que o feminismo supón para a liberdade das
mulleres en todo o mundo.