As Pontes, 22 de xaneiro de 2023. Para demandar de Endesa e da Xunta a participación na constitución dunha comisión Xunta-Concello-Endesa coa finalidade de planificar e executar o remate ordenado e programado da actividade do complexo mineiro-eléctrico de Endesa nas Pontes, contemplando, entre outras, as seguintes accións:

  • Proceder a unha revisión global das infraestruturas desenvolvidas ao longo do tempo polo complexo mineiro eléctrico nas distintas fases, da súa situación actual, e acordar actuacións precisas e a súa execución.
  • Analizar a situación actual da escombreira e do lago no marco dos seus documentos regulamentarios de referencia (Plan de Restauración, Estudos e Declaración de Impacto Ambiental, etc..) e acordar as actuacións precisas e a súa execución.
  • Poñer a disposición pública terreo para uso industrial, para seren desenvolvido en coordinación pola Xunta e o Concello, tomando como referencia os estudos elaborados en decembro de 2019 polo Concello.
  • Estudar a situación actual dos terreos e demais bens inmobles propiedade de Endesa e promover nos mesmos outros usos públicos, coa referencia ao Plan Estratéxico 2021-2025.
  • Definir, elaborar e executar un plan de recuperación de usos sostibles do río Eume no tramo situado no termo municipal das Pontes.