As Pontes, 11 de outubro| O mércores día 19 de outubro comezarán dúas novas actividades gratuítas na aula CeMIT de As Pontes.

Por unha parte, informática para nenos reservará unha hora á semana, os mércores de 17 a 18, para achegar ó uso dos ordenadores os máis pequenos. Esta actividade, pensada para nenos de entre 8 e 12 anos durará ata finais de ano. Nela poderemos ver como poden aproveitar os cativos as novas tecnoloxías para o uso escolar.

Por outra banda, “uso de teléfonos móbiles” pretende facilitar a comprensión de estas novas tecnoloxías ás persoas maiores. O obxectivo é, empezando desde cero, aprender o uso básico de este tipo de dispositivos. Esta actividade realizarase todos os mércores de 10:00 a 11:30 ata finais de ano.

Para inscribirse inscribirse ou para solicitar máis información poden acudir á Aula CeMIT das Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a [email protected] ou visitar a web https://cemit.xunta.es.