[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]Consulta aquí o calendario de cursos: DESCARGAR

Aula CeMIT| As Pontes 23 de marzo de 2016. A aula CeMIT da casa Dopeso vai emprender catro novas actividades de formación á volta da semana santa.

A aula CeMIT da casa Dopeso continua co seu obxectivo de achegar as novas tecnoloxías a toda a poboación para o cal ten programado un novo horario de atención ó público e catro novas actividades formativas

O novo horario será:

De luns a xoves de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 19:00

Os venres de 09:00 a 14:00

Neste tempo, mentras non se estean realizando outras actividades, está a aula aberta ó público, para usar os equipos dotados con conexión a Internet de alta velocidade, ou para consultar calquera duda relacionada cas novas tecnoloxías.

En canto as novas actividades que comezará neste mes de abril:

Uso de dispositivos móbiles: teléfonos e tablets

A partires do próxima día 1 de abril, todos os venres de 09:30 a 11:30 vanse reservar dúas horas para que os maiores de As Pontes veñan a consultar as súas dudas relacionadas cos dispositivos móbiles, tanto teléfonos como tablets. No caso de que nun día concreto non houbera ningún tipo de duda explicaranse temas relacionados con estes aparellos: aplicacións interesantes, uso do GPS, e outros temas que vaian xurdindo.

Novas tecnoloxías para maiores: Internet

Seguindo co programa formativo “Novas tecnoloxías para maiores” que se ven realizando dende principios de ano, este curso ten como obxectivo ser unha entrada a Internet para as persoas maiores. Nestaq actividade faremos uso dos buscadores de Internet, dos blogs, foros e outras fontes de información e ocio. Terá unha duración de 5 días, dende o 4 ó 8 de abril cun horario de 11:30 a 13:30.

Busca de emprego por Internet

Nestes últimos anos, co auxe das novas tecnoloxías, a busca de traballo por Internet estase a destapar coma unha das ferramentas máis útiles para a consecución deste obxectivo. Neste taller de busca de emprego, aprenderemos a rexistrarnos nos portais de busca máis usados na actualidade, saberemos como podemos beneficiarnos das redes sociais na nosa procura e consultaremos distintas fontes para estar informados das diferentes opcións de emprego que temos, tanto privado como público. Comezará o día 11 de abril e rematará o 20 cunha periocidade de luns a venres de 11:30 a 13:00.

Introdución a Linux

GNU/Linux comúnmente coñecido como Linux é un sistema operativo de software libre (non é propietario de ninguna persona ou empresa) e gratuíto (co que non é necesario facer ningún tipo de inversión para instalalo no noso equipo) que cubre todas as necesidades básicas para un uso cotiá do noso ordenador. Neste curso faremos a instalación e configuración de unha das moitas distribucións gratuítas que hay deste sistema, ademáis de ver os conceptos básicos esenciais para facer uso e mantemento deste do mesmo. Comezará o día 11 de abril e rematará o día 16. As sesións serán de16:30 a 18:00 de luns a venres.

TODOS OS CURSOS E ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA SON TOTALMENTE GRATUÍTOS/AS

[/fusion_text][imageframe lightbox=”yes” lightbox_image=”” style_type=”none” hover_type=”none” bordercolor=”” bordersize=”0px” borderradius=”0″ stylecolor=”” align=”center” link=”” linktarget=”_self” animation_type=”0″ animation_direction=”down” animation_speed=”0.1″ hide_on_mobile=”no” class=”” id=””] [/imageframe][/fullwidth]