As Pontes, 3 de outubro de 2016| Curso de Inglés retransmitido por videoconferencia.

Horario da Aula

  • Luns a xoves de 09:00 a 14:00
  • Venres de 09:00 a 14:00.

Neste horario calquera persoa pode visitar a aula, xa sexa co obxectivo de consultar as súas dúbidas acerca das novas tecnoloxías ó axente TIC (tanto de ordenadores como de móbiles ou tablets), ou para facer uso dos equipos con conexión a Internet dispoñibles na aula.

O xoves día 6 de outubro comeza o curso Aula de idiomas: Inglés. Esta actividade, impartida pola aula ceMIT de Ortigueira, será retransmitida por videoconferencia. O obxectivo é familiarizarse co uso de inglés a través dunha clase totalmente oral.

DESTINATARIOS

Destinado a aquelas persoas que teñan un coñecemento básico do idioma e queiran mellorar.

Horario: Do día 6 de outubro ó 14 de xuño todos os xoves de 16:00 a 17:00.

Para inscribirse inscribirse ou para solicitar máis información poden acudir á Aula CeMIT das Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a [email protected] ou visitar a web https://cemit.xunta.es.