As Pontes, 4 de outubro| Esgotadas as 600 inscricións en 24 horas, incluíndo as 50 prazas que se ampliaron de LD. En total contaremos con 650 corredores nas Pontes para a nova edición do NorthWest Triman, que se celebrará o próximo 25 de xuño de 2017 no lago das Pontes.

Hai lista de espera aberta para posibles baixas ata a carreira.

Desde a organización queren dar as grazas a todos os corredores, voluntarios, Concello das Pontes… e queren manter esta carreira como é, un referente en canto aos valores orixinais do tríatlon de longa distancia, esforzo persoal e NON DRAFT, e aínda podendo abrir a inscrición non o van a facer, porque queren que sexades benvidos nas Pontes, que vos poidan chamar polo voso nome, que os voluntarios poidan axudarvos de maneira individual, que teñades moito espazo na estrada, en conclusión, e en palabras da propia organización, que sexamos unha pequena familia….. GRAZAS POR COMPARTIR OS NOSOS VALORES! – A organización.