As Pontes, 6 de febreiro de 2019| O domingo 3 de marzo, celébrase a XXXIX edición da Feira do Grelo e, como cada ano, haberá o tradicional concurso de grelos.
Para participar é preciso:
- Inscribirse, de 08:00 a 10:00 horas, o día da Feira, no mercado municipal (Rúa Alexandre Bóveda). A partir das 10:00 horas non se admitirán más participantes no concurso.
- Os grelos deben presentarse en cestas que conterán, como mínimo 10 madas. Esta condición é obrigatoria para poder concursar.
- Só se admitirá un concursante por unidade familiar e os concursantes deben ter un mínimo de 16 anos.
- O concurso rematará ás 11:00 h, comezando a esa hora a venda ao público dos grelos non premiados
- Premiaranse as seguintes categorías:
- “Premios á calidade do grelo”
- 1º premio: 300 €,
- 2º premio: 250 €
- 3º premio: 200 €.
- “Tres accésits”
- 60 € cada un
- “Premio especial á cesta mellor adornada”
- 1º premio: 300 €
- 2º premio: 200 €
- 3º premio: 100 €
- “Premio Especial Alexandre Pérez Sindín”
- Os gañadores daranse a coñecer o mesmo día da feira, unha vez rematado o concurso.
Máis información: Documento concurso de grelos da XXIX edición da Feira do Grelo