As Pontes 16 de Setembro do 2017

O Concello de As Pontes e a Asociación de Comerciantes, Empresarios e Hostaleiros das Pontes COHEMPO rubricaron hoxe o convenio de colaboración polo cal a entidade pontesa contará cunha subvención nominativa de 18.000 euros, que servirá para sufragar diferentes actividades ao longo dos vindeiros meses.

A primeira tenente de Alcalde, Montserrat García, e o presidente de Cohempo, José Rodríguez, foron os encargados de rubricar esta colaboración que, o pasado mércores, recibía luz verde en sesión plenaria ordinaria e que servirá para realizar campañas de fomento das compras nos comercios locais, desenvolver cursos de formación, crear e soster a páxina web de Cohempo e tamén asumir diferentes gastos xerais propios da actividade diaria deste colectivo.

Xa vindeiro martes será a asociación Seara a que participe nun acto de semellantes características.