As Pontes, 21 de Setembro do 2017

A Concelleria de Atención Cidadá, Montserrat García Chavarría junto con D. Xaime Vilaboy, Presidente da A.C. Banda de Música de As Pontes, firmaban o convenio de colaboración para a próxima templada por un importe nominativo de 61.000 euros.

Esta subvención foi aprobada en pleno o pasado mércores, día 13, cos votos a favor do Grupo de Goberno do PSOE e votando en contra Xuntos por As Pontes e abstendose o grupo do BNG.

Esta subvención permitirá a realización de actividades durante o próximo ano á Banda de Música de As Pontes, así como a organización de distintos actos ao longo do ano no Concello de As Pontes.