As Pontes, 2 de febreiro de 2018| O Concello de As Pontes amosou o seu compromiso coa Asociación Española contra el Cáncer (AECC) e estivo a colaborar coa Delegación local en preparar unha serie de actos conmemorativos da data que se celebra este domingo, o Día Mundial contra o cancro.

As actividades que desenvolverán ámbalas dúas institucións con motivo deste Día Mundial contra o Cancro arrancan xa hoxe mesmo coa iluminación en verde do edifício consistorial, medida que se manterá toda a fin de semana.

Asemade instalaranse Mesas informativas e petitorias o venres e o domingo diante dos Supermercados Eroski e Gadis entre as dez da mañá e as dúas da tarde.

Alí informarase a quen así o desexe e recollernase doazóns para a loita contra o cancro e o fomento da investigación nesta materia.

O obxectivo é visibilizar esta enfermidade e continuar avantando en prol da investigación e da procura de tratamentos máis efectivos.

A AECC, contará coa colaboura presencial de representantes do Concello mesmo nas mesas informativas e de captación de fondos.

O Día Mundial contra o cancro aspira a salvar millóns de vidas cada año, instando á cidadanía a adoptar accións concretas contra a enfermidade.

A campaña que impulsa AECC, e que na nosa vila conta tamén co decidido apoio do goberno local, é unha oportunidade para cordenar os esfuerzos das diferentes organizacións, e institucións, e conseguir así a máxima notoriedade e difusión das súas mensaxes.

Insístese na liña de que a acción sostida e efectiva contra o cancro economizará enormes recursos e salvará vidas.