As Pontes, 2017| O Concello de As Pontes acudía esta maña, martes 7 de novembro de 2017, á presentación da campaña “En negro” contra a violencia de xénero. O acto público celebrábase ás 11:00h na esplanade Solidarnosc 1980. En representación de As Pontes acudiron a Primeira Tenente Alcalde, Montserrat García, o Concelleiro-Delegado da Área de Réxime Interno e Recursos Humanos, José Alén e a Directora do CIM, Maca Rego.

En negro contra a violencia, arrancaba o ano pasado, As Pontes foi unha das primeiras vilas en sumarse.

Este ano amplíase a participación sumándose novos Concellos e Deputacións e volverá desenvolverse ao redor da data do Día Mundial contra a violencia de xénero, que se celebra o 25 de novembro.

As  Concellerías de Benestar Social, Cultura e Hostalaría e Comercio unificaban esforzos para promover o seguimento desta iniciativa e así promover e facer visible o rexeitamento da cidadanía diante de calquera tipo de violencia contra as mulleres.

O tecido comercial pontés amosou xa a súa intención de colaborar cun As Pontes en negro que vai tinguir desta cor a vila, a través dos escaparates, os manequíns, ou as indumentarias de traballo.