[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]As Pontes 12 de maio| Volveron as reunións da Concelleira de Participación Cidadá, Montserrat García, coas Asociacións veciñais.

Esta mañá visitaba a AAVV de A Madalena, no que foi o pistoletazo de saída dunha rolda de encontros con todas as entidades veciñais do municipio.

A súa comperecencia servíu para informalos das actuacións actualmente en marcha no barrio, e das que están en proxecto, ó tempo que aproveitaba para escoitar demandas e propostas dos asistentes.

Unha trintea de veciños e veciñas coñeceron así de primeira man a dispoñibilidade dende o Goberno local de atender ás súas peticións, facéndoas cadrar co seu programa de intervencións nos barrios.

Estas xuntanzas obedecen ó compromiso de manter reunións periódicas con todos os barrios do casco urbán, parroquias e lugares do rural para que as actuación dende a administración local vaian encamiñadas ó interese veciñal.

Cada xoves realizarase unha reunión deste tipo, ata completar todas as asociacións veciñias, como xa se estivo a facer nos últimos meses en que foron visitadas todas.

O vindeiro xoves, a cita será na Casilla, na sé da Veiga da Areosa, e en dúas semanas Montserrat García acudirá a A Cuiña.

[/fusion_text][images picture_size=”auto” hover_type=”none” autoplay=”yes” columns=”1″ column_spacing=”1″ scroll_items=”” show_nav=”yes” mouse_scroll=”no” border=”yes” lightbox=”yes” class=”” id=””][image link=”” linktarget=”_self” image=”http://aspontes.org/wp-content/uploads/2016/05/AAVV3.jpg” alt=””][image link=”” linktarget=”_self” image=”http://aspontes.org/wp-content/uploads/2016/05/AAVV2.jpg” alt=””][image link=”” linktarget=”_self” image=”http://aspontes.org/wp-content/uploads/2016/05/AAVV.jpg” alt=””][/images][/fullwidth]