As Pontes, 10 outubro de 2019.  O atraso na previsión de chegada da marcha de pensionistas a Madrid causou a revogación na autorización solicitada para a concentración ante o Congreso dos Deputados, inicialmente prevista para a mañá do 16 de outubro, por coincidir ambas mobilizacións na mesma data, hora e lugar.

Ante este imprevisto, o grupo de traballo local por unha transición xusta adopta de forma unánime e comunica, de xeito oficial, a DATA E HORA da concentración en Madrid e folga xeral nas Pontes.

A CONCENTRACIÓN terá lugar o 16 de OUTUBRO ás 16:00 HORAS diante do CONGRESO DOS DEPUTADOS (MADRID)

Os autobuses, gratuítos, partirán da estación de autobuses das Pontes ás 09:00 horas, do día 16 de OUTUBRO.

 As inscricións realizaranse no rexistro municipal (en horario de mañá) ou no teléfono 667 129 325.

A XORNADA DE FOLGA XERAL nas Pontes, convocada co obxectivo de facilitar a asistencia de todos os veciños e veciñas á concentración en Madrid, estenderase durante todo o día 16 de OUTUBRO comenzando ás  00.00 HORAS  e finalizando ás 24:00 HORAS dese mesmo día.