As Pontes, 5 de marzo| Hoxe, luns 5 de marzo, van comezar as anunciadas obras na Avda de Galicia.
Esta ambiciosa actuación urbanística, proxectada para seguir coa liña estética e funcional do centro urbán, e como continuidade dende a Praza do Hospital, vaise acometer sen cortar o tráfico, tan só se regulará.
O obxectivo é a eliminación do desnivel entre a estrada e as beirarrúas peonais, xunto coa mellora do alumeado, e a separacion da rede de drenaxe da rede de saneamento.
Dende o Concello, logo de comprobar nestes días que, malia incrementarse a circulación por mor do peche da estrada da central, é asumible para o vial manter o tráfico aberto traballando nunha beira da rúa en cada quenda.

A Tenente de alcalde, Montserrat García amosábase satisfeita de poder realizar as obras provocando as menores molestias ós veciños “Retrasamos o comezo das obras porque eramos conscientes de que se trata dunha vía moi transitada, que podía verse afectada polo desvío de tráfico que supuxo o peche do acceso pola central.Unha vez comprobado o escaso incremento do tráfico optamos por mantener abierta a Rúa, coa circulación regulada en dous carrís provisionais. Con esta medida as molestias serán mįnimas para a circulación.”

Con esta nova intervención, gañaremos en accesibilidade e servizos, así como se continúa coa mesma liña de remozado estético, e é unha boa nova que podamos facelo sen ter que interromper o tráfico, agás cando sexa imprescindible, apenas unha semana”.
O que se vai suprimir é o aparcamento mentres duren as obras. Habilitaranse dous carrís, aproveitando zona de estacionamento, e acometeranse as obras progresivamente, primeiro nunha marxe e logo na outra. Só se pechará o tráfico totalmente, con vía alternativa habilitada, no último tramo da obra, para aglomerar, cun tempo estimado dunha semana.
Continúase así coa política do grupo de goberno de protagonizar intervencións viarias que melloren a accesibilidade e humanización dos espazos urbáns seguindo unha mesma liña estética.

A empresa Canosa acometerá esta obra que na primeira fase que suporá dar continuidade ó proxecto de humanización do centro, no treito que vai da Praza do Hospital á Rúa Alexandre Bóveda
Esta actuación asumirase con cargo ó Plan de Obras e servizos de competencia municipal e e Plan único dos Concellos do 2,017 cun prazo de execución de tres meses, e a inversión chegará aos 239.758´25 euros.