As Pontes, 30 xuño|as Pontes vai estrear o sábado día 8, o primeiro Circuito de Travesías ENKI Pro, unha serie de probas deportivas inclusivas e abertas a todos os públicos que combina natación e obstáculos.
A proba, que comezará ás seis da tarde no lago pontés, nace co obxectivo de recadar fondos para promover o acceso ó deporte a nenos con diversidade funcional, así como axudar ó adestramento de deportistas con discapacidade.
O Concello e a Fundación Abrente presentaban no salón de plenos municipal esta novidosa cita. Estiveron o concelleiro de deportes, Chicho Tembrás, e a Tenente de alcalde Montserrat García, xunto co laureado deportista Ángel López, presidente da Fundación Enki.
Ó igual que acontecerá logo en Laxe, A Pobra e Arteixo, as travesías contarán con catro categorías diferenciadas polo seu nivel de dificultade.
A categoría máis básica, a Pezqueñines desenvolverase na beira da praia, Kids terá xa unha lonxitude de 300 metros e 7 obstáculos; Travesía Pro curta, 1.150 metros e 10 obstáculos e Travesía Pro, 2.000 metros e 15 obstáculos.
Anque o circuito é unha competición, en cada unha das xornadas nas que se desenvolvan as probas, organizaranse paralelas a actividades de ocio, que incluirán deportes e xogos de integración destinados a toda a familia.
Os xogos, abertos a todos os públicos, permitirán reproducir a experiencia que vive un deportista con diversidade funcional.
Ademais de estar abertas as inscricións para a proiba tamén se recollen inscricións para exercer de voluntarios.
UBICACIÓN:Lago de As Pontes
HORA: Todo o día
Podes ver unha mostra dos obstáculos aquí: VER OBSTÁCULOS