As Pontes 18 de Setembro do 2017

O programa Cinemas de Galicia regresará, o vindeiro mes de novembro, novamente a As Pontes e cun cartel de grandes filmes europeos baixo o brazo. Novamente a consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria volve apostar por As POntes e polo auditorio municipal alovi como punto de difusión de novas produccións cinematográficas europeas e galegas e que, doutro xeito, non chegarían a salas menos comerciais coma as que hai nas grandes cidades.

Así as cousas, dende a concellería de cultura veñen de anunciar que, o vindeiro 3 de novembro, teremos a primeira das proxeccións. Trátase do thriller Elle, unha producción francesa dirixida por Paul Verhoven na que a protagonista é unha muller vítima dun asalto no seu fogar e que busca vinganza.

Xa para o 10 de novembro, teremos en As Pontes “María y los demás”, un filme de Nely Reguera con Bárbara Leny como principal protagonista da vida dunha rapaza acostumada a coidar do seu pai que debe volver comezar cando éste se namora e decide contraer matrimonio.

O 17 de novembro proxectarase YO, Daniel Blake de Ken Loach.Unha historia de amizade entre dúas personaxes atrapadas entre trámites administrativos que deberán axudarse para poder arranxar as súas vidas.

Cinemas de Galicia pechará a súa presenza, este ano nas Pontes, coa proxección xa o 24 de novembro de mimosas, un traballo de Oliver Laxe no que conviven dous universos paralelos.

Cinemas de Galicia coma sempre terá como escenario o auditorio municipal alovi e todas as proxeccións arrincarán ás 9 da noite. Coma sempre o prezo da entrada será do máis atractivo: tan só 3 euros