[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]

As Pontes, 21 de Outubro. O próximo Venres 23 a Xunta de Galicia impartirá unha charla informativa sobre o programa de garantía xuvenil na Aula CeMIT de casa Dopeso.

Esta charla comezará as 10 da mañá e terá unha duración aproximada de 30 min. Para poder asistir será necesaria contactar coa aula CeMIT (pasándose polo soto da casa Dopeso ou chamando ó teléfono 637 90 09 75) ou chamando ó teléfono 881 99 57 00.

O programa de Garantía Xuvenil en Galicia enmárcase dentro da Estratexia de Emprendemento e Emprego Xoven que, tras un proceso de diálogo e participación cos Interlocutores Sociais, se articula para dar resposta á situación laboral na que se atopan moitos mozos e mozas en Galicia.

Contempla actuacións para mellorar a empregabilidade, facilitar a inserción no ámbito laboral, promover o emprendemento e mellorar a súa situación dentro do mercado de traballo.

Que é o programa de Garantía Xuvenil?

O programa de Garantía Xuvenil en Galicia contempla un catálogo de medidas axustadas aos distintos perfiles de mozos e mozas entre 16 e 29 anos.

As medidas vertébranse en torno a catro eixes principais:

• Mellora da intermediación: Orientación laboral, información laboral e

acompañamento, actuacións con axencias de colocación, etc.

• Mellora da empregabilidade: Programas formativos, programas de adquisición de experiencia e prácticas non laborais en empresas.

• Estímulos á contratación: Incentivos á contratación indefinida, á contratación temporal así como á transformación de contratos temporais en indefinidos compatibles coas bonificacións das cotizacións á Seguridad Social para as empresas que contraten a mozos e mozas inscritos no sistema nacional de Garantía Xuvenil.

• Fomento do emprendemento: Entre as que se inclúen axudas para a creación do propio posto de traballo xa sexa de forma individual como traballadores ou traballadoras autónomas ou xa sexa de forma colectiva constituíndo cooperativas.

Cal é o obxectivo?

É un programa dirixido a todos as persoas entre 16 e 29 anos a través do cal pretendese garantir a igualdade de oportunidades no mercado laboral. Tamén buscamos ofrecer experiencia laboral, formación ou cursos de idiomas e TIC.

[/fusion_text][imageframe lightbox=”yes” lightbox_image=”” style_type=”none” hover_type=”none” bordercolor=”” bordersize=”0px” borderradius=”0″ stylecolor=”” align=”center” link=”” linktarget=”_self” animation_type=”0″ animation_direction=”down” animation_speed=”0.1″ hide_on_mobile=”no” class=”” id=””] [/imageframe][/fullwidth]