O día 8 de maio de 2016 terá lugar no Polideportivo Municipal de As Pontes en xornada de mañá (10:00h) e xornada de tarde (16:30h) o Campionato Galego de Clubes.

No devandito evento, que está organizado pola Federación Galega de Karate e D.A., patrocinado polo Concello de As Pontes e no que colabora a Secretaría Xeral para o Deporte e Fundación Deporte Galego participan un total de 78 equipos nas modalidades de kata e kumite por equipos e Probas Técnicas por equipos nas categorías alevín, Infantil, Xuvenil, Cadete, Junior e Sénior pertencentes a 17 clubes da Autonomía Galega.

CLUBES PARTICIPANTES

  • San Francisco Teo (Teo – A Coruña ) – 6 equipos
  • Akai Ryu (Negreira – A Coruña) – 1 equipo
  • Avalon Kai (Santiago- A Coruña) – 10 equipos
  • Karate C. Carballo (Carballo – A Coruña) – 3 equipos
  • Gymsport (Pontevedra) – 4 equipos
  • Shihan (Lugo) – 24 equipos
  • Karate C. Chantada (Chantada – Lugo) – 2 equipos
  • River Stone (O Barco de Valdeorras – Ourense) – 1 equipo
  • Karate C. A Rúa (A Rúa – Ourense) – 1 equipo
  • Renbukan (Ferrol) – 4 equipo
  • Grupo Bazán (Ferrol) – 1 equipo
  • Artes Marciales Fene (Fene) – 3 equipos
  • Casino de Ares (Ares ) – 3 equipos
  • Escuela de Karate Cedeira (Cedeira ) – 1 equipo
  • Bunkai Sport (Ferrol) – 8 equipos
  • A Solaina (Narón) – 2 equipos
  • E.S Karate Marón (Narón) – 4 equipos

[/imageframe][/fullwidth]