[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]

As Pontes, 04 de Maio de 2016Máis de 2000 nenos e nenas de diferentes centros de primaria de toda a comarca disfrutaron ó grande coa demostración que realizou esta mañá, na canle IV, a Garda Civil, con deceas de axentes  de distintas especialidades deste corpo que amosaron como traballan, e o tipo de especialidades que teñen para o desempeño das súas funcións.

Diversas unidades da Gardia Civil fixeron unha ampla demostración de algunhas das súas especialidades para disfrute de máis de dous milleiros de escolares ponteses e de concellos limítrofes, que asistiron abraiados á exhibición do Servizo Cinolóxico cos cans, á dos grupos de montaña e rescate, e aproveitando para vivir experiencias como someterse a un test de alcoholemia ou subirse ás motos de tráfico e facer soar as sereas dos coches.

Esta iniciativa posta en marcha dende o Goberno local e a propia Garda Civil, ofreceu tamén logo pola tarde, e xa para todo o público, unha ampla mostra dos medios e recursos dispoñibles na comarca volvendo a ter como protagonistas ós cans da Benemérita.

Ó igual que pola mañá, os nenos, tamén pola tarde, os adultos, deivertíronse percorrendo as exposicións didácticas instaladas por cada unha das dotacións.

O obxectivo desta exitosa xornada pasaba por informar e sensibilizar, sobre todo ós máis novos, dos métodos e equipamiento dos que dispoñen os servizos de emerxencias para velar pola seguridade e asistir á ciudadanía, neste caso, na nosa bisbarra.

O alcalde, Valentín González Formoso, e varios dos seus compañeiros de Goberno, asistíron a esta demostración, coa satisfacción de compartir cos nenos unha actividade que permite coñecer máis de perto á Garda Civil.

Dende o Goberno local valorouse moi positivamente a acollida desta iniciativa lembrando que Garda Civil e Concello teñen colaborado en numerosas actividades, e desta vez conseguían sumarse ó calendario de mostras periódicas que se levan a cabo na provincia para dar a coñecer o labor deste corpo e amosar os medios materiais e humanos dispoñibles.

[/fusion_text][fusion_code]PGNlbnRlcj48YSBkYXRhLWZsaWNrci1lbWJlZD0idHJ1ZSIgZGF0YS1oZWFkZXI9InRydWUiIGRhdGEtZm9vdGVyPSJ0cnVlIiAgaHJlZj0iaHR0cHM6Ly93d3cuZmxpY2tyLmNvbS9waG90b3MvY29uY2VsbG9kZWFzcG9udGVzL2FsYnVtcy83MjE1NzY2NTU3MzM0MTMzMyIgdGl0bGU9IkV4aGliaWNpw7NuIGRhIEdhcmRhIENpdmlsIGVuIEFzIFBvbnRlcyI+PGltZyBzcmM9Imh0dHBzOi8vZmFybTguc3RhdGljZmxpY2tyLmNvbS83MDU1LzI2NzQzOTY5NDExXzNkNzM3YzdjN2FfYy5qcGciIHdpZHRoPSI4MDAiIGhlaWdodD0iNjAwIiBhbHQ9IkV4aGliaWNpw7NuIGRhIEdhcmRhIENpdmlsIGVuIEFzIFBvbnRlcyI+PC9hPjxzY3JpcHQgYXN5bmMgc3JjPSIvL2VtYmVkci5mbGlja3IuY29tL2Fzc2V0cy9jbGllbnQtY29kZS5qcyIgY2hhcnNldD0idXRmLTgiPjwvc2NyaXB0PjwvY2VudGVyPg==[/fusion_code][/fullwidth]