As Pontes, 14 de novembro de 2019. Xa está aberto o prazo para inscribirse na
campaña de inverno 2020, organizada pola Deputación da Coruña e na que participa o
Concello das Pontes, e na que a rapazada participante poderá gozar de catro días na
estación de inverno de Cabeza de Manzaneda onde asistián a clases de esquí.
A campaña está dirixida a rapaces e rapazas, empadroados en As Pontes, con idades
comprendidas entre o 11 e os 15 anos (cumpridos a 31 de decembro de 2020), tendo
preferencia a rapazada que non participase en ningunha campaña da neve da
Deputación
Os nenos/as ponteses/as participarán na quinta quenda, entre o 21 e o 24 de febreiro.
As fichas de inscrición poden descargarse da páxina web do Concello ou recollerse no
Polideportivo Municipal. As follas de inscrición cubertas poden entregarse no Pavillón
ata o 4 de decembro
Máis información sobre a campaña e ficha de inscrición: Descargar Ficha inscrición