Convocatoria de prazo para a inscrición ao “Campamento Urbano de Verán 2.019”, para a realización de actividades lúdico-educativas dirixidas a nenas e nenos do Concello das Pontes, durante os períodos de vacacións que permitan ás mulleres a conciliación e a súa promoción social e laboral.
A actividade vaise desenvolver durante as seguintes datas: do 24 ao 30 de xuño, o mes xullo, o mes de agosto e do 2 ao 6 de setembro, en días laborables, de luns a venres, coa posibilidade de dous horarios:
- Opción A: de 8:00 a 14:30 horas (con servizo de transporte).
- Opción B: de 10:00 a 14:30 horas.
A actividade vai dirixida aos nenos e nenas nados entre 2.007 e 2.015 do Concello das Pontes. O número de prazas é o seguinte:
- Mes de xuño: 30 prazas.
- Mes de xullo: 70 prazas (65 prazas e 5 para nenos/as con necesidades educativas especiais)
- Mes de agosto: 70 prazas (65 prazas e 5 para nenos/as con necesidades educativas especiais)
- Mes de setembro: 30 prazas.
O lugar de inscrición será no Rexistro Municipal do Concello, desde o 5 ao 14 de xuño de 2.019, en horario de 8:30 a 13:30 h.
Tamén poderá enviarse a inscrición e a documentación a través da sede electrónica: http://sede.aspontes.com/es/index.html.
CRITERIOS DE ADMISIÓN.
- Estar traballando ou realizando algún curso de formación e non en período de vacacións.
- Respiro familiar por cuidado de persoa dependente ou enfermidade. (Presentarase se é o caso informe médico ou dos servizos sociais municipais).
Nas situacións de separación y/ou divorcio presentarase unha declaración xurada na que faga constar o período de vacacións que pasará o/a menor con cada proxenitor/a.
Unha vez demostrados os anteriores requisitos, terase en conta o número de rexistro de entrada da solicitude, tendo preferencia as solicitudes que acrediten feacientemente a necesidade do servizo durante todo o período que se solicita.
COTA DE INSCRICIÓN.
- 10 €/mes por inscrición, nos meses de xuño e setembro.
- 40 €/mes por inscrición, nos meses de xullo e agosto.
Podes consultar as bases aquí
Ficha de inscrición descargar