O vindeiro domingo día 2 de xuño de 2019, terá lugar no Polideportivo Municipal de As Pontes, en xornada de mañá a partir das 9.30 horas o Campionato Galego de Clubs.
No devandito evento, que está organizado pola Federación Galega de Karate e D.A., no que colabora o Concello de As Pontes, a Secretaría Xeral para o Deporte e a Fundación Deporte Galego, participan un total de 64 equipos (200 deportistas) nas modalidades de kata e kumite por equipos nas categorías Alevín, Infantil, Xuvenil, Cadete, Junior e Sénior masculino, feminino e mixtos, pertencentes a 15 clubs da Autonomía Galega
CLUBS PARTICIPANTES
- A.R.C. Grupo Bazán (Ferrol- A Coruña)
- Club Akai Ryu (Negreira- A Coruña)
- Club Artes Marciales Fene (Fene- A Coruña)
- Club Bunkai (Ferrol- A Coruña))
- Club Galaico (Lugo)
- Club Galea Sport (Miño – A Coruña)
- Club de Karate Casino de Ares (Ares-A Coruña)
- Club Karate C. Carballo (Carballo- A Coruña)
- Club Renbukan (Ferrol- A Coruña)
- Club River Stone (O Barco de Valdeorras- Ouense)
- Club San Francisco Teo (Teo- A Coruña)
- Club Shihan (Lugo)
- Club Fundación Cipri Gomes (Ourense)
- Escola de Karate Cedeira (Cedeira-A Coruña)
- Karate Club Chantada (Chantada- Lugo)