[fullwidth background_color=”” background_image=”” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ background_repeat=”no-repeat” background_position=”left top” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_webm=”” video_mp4=”” video_ogv=”” video_preview_image=”” overlay_color=”” overlay_opacity=”0.5″ video_mute=”yes” video_loop=”yes” fade=”no” border_size=”0px” border_color=”” border_style=”” padding_top=”20″ padding_bottom=”20″ padding_left=”0″ padding_right=”0″ hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” hide_on_mobile=”no” menu_anchor=”” class=”” id=””][fusion_text]As Pontes, 13 de maio| A biblioteca municipal Enrique Rivera Rouco continuou onte coa súa particular homenaxe ao día das letras galegas pero, desta vez, tomando coma protagonistas aos máis pequenos da casa e a unha das obras máis coñecidas do gran Manuel María: As Aventuras e Desventuras dunha Espiña de Toxo chamada Berenguela.

Nesta ocasión, da man de Dinamo Teatro, puidemos coñecer á pobre Berenguela que pola súa forma de agulla é xa tachada de malvada e agresiva; á fachendosa folla de carballo e ao cura, o garda civil ou o alcalde, facendo xuízos de valor tan só deixándose levar polo aspecto.

Unha serie de títeres de gomaeva e escuma que, un tras douto, ían saíndo dunha maleta ateigada de fantasía, de versos e rimas ideadas polo gran Manuel María e que fixeron as delicias dos pequenos, papás, mamás e avoas que onte decidiron pasar a tarde de chuvia na sala de lectura infantil da biblioteca.

E é que Berenguela é unha pequena espiña de toxo que, falsamente acusada pola folla de carballo, debe facer fronte a contínuos abusos e xuízos das autoridades do pobo ata rematar na cadea por ser simplemente, unha espiña afiada. Afortunadamente, o espírito do monte bótalle unha man para fuxir do cárcere e vivir no fondo dunha fermosa fraga.

A historia foi do máis aplaudida polo público presente que tamén estivo moi participativo cantando, animando á pobre Berenguela e, por suposto, desfrutando de cada títere.

A programación en honra ás nosas letras continuará mañá co concerto ás 18.00 da Banda Cultural e Recreativa, no Auditorio Municipal Alovi, e xa o martes 17 co Festival das Letras Galegas que terá lugar no Liceo Recreativo e Artístico, regresando á biblioteca municipal o xoves 19 ás 20.00 horas coa presentación de Océano para terrícolas, a última obra literaria de Xurxo Souto.

[/fusion_text][images picture_size=”auto” hover_type=”none” autoplay=”no” columns=”3″ column_spacing=”1″ scroll_items=”” show_nav=”yes” mouse_scroll=”no” border=”yes” lightbox=”yes” class=”” id=””][image link=”” linktarget=”_self” image=”http://aspontes.org/wp-content/uploads/2016/05/Biblio4.jpg” alt=””][image link=”” linktarget=”_self” image=”http://aspontes.org/wp-content/uploads/2016/05/Biblio2.jpg” alt=””][image link=”” linktarget=”_self” image=”http://aspontes.org/wp-content/uploads/2016/05/Biblio1.jpg” alt=””][/images][/fullwidth]