As Pontes, 11 de febreiro. O martes 5 de marzo, celébrase no noso concello a tradicional cabalgata de entroido. Para regular a participación nesta cabalgata se elaboran as seguintes bases reguladoras.

 1.- Participantes

Poderán participar todas as persoas que así o desexen e teñan a ben cumprir a normativa que aquí se expón.

2.- Categorías:

  • Adultos: Carrozas, grupos, parellas e individual.
  • Carrozas: enténdense por carroza, unha estrutura de grandes dimensións sobre rodas, ben sexa autopropulsada ou remolcada, confeccionada para tal efecto e convenientemente deseñada e decorada.
  • Grupos. Distinguirase dous tipos de grupos por número de participantes.
    • Grupos de 3 a 9 compoñentes.
    • Grupos de 10 ou máis compoñentes.
    • En ambos casos o 75% dos integrantes dos grupos deberá ser maior de 16 anos.
    • Parellas e individual. Deberán ser maiores de 16 anos.
    • Infantil: grupos, parellas, individual e meniños (na categoría meniños poderanse inscribir os rapaces ata 8 anos); no resto das categorías a concurso de infantil a idade máxima será de 16 anos.
  1. Inscricións

As solicitudes de inscrición presentaranse no Rexistro Xeral do Concello das Pontes ou a través da sede electrónica (https://sede.aspontes.com) en impreso normalizado para este fin. Este impreso estará tamén dispoñible no departamento de cultura (Casa Dopeso, rúa Rosalía de Castro, 1º andar).

O prazo de inscrición abrirase o día da publicación das bases na web municipal e rematará o luns 4 de marzo de 2019 ás 12:00 horas.

  1. Premios:

ADULTOS CARROZAS GRUPOS≥10* GRUPOS (3-9) PARELLAS INDIVIDUAL
800 € 650 € 400 € 200 € 120 €
650 € 475 € 300 € 150 € 90 €
400 € 325 € 200 € 100€ 60 €
    5 accésits 150 €      

Os premiados daranse a coñecer unha vez rematado o desfile na carpa de Sta. María.

INFANTIL GRUPOS PARELLAS INDIVIDUAL MENIÑOS (ata 8 anos)
7 premios 150 € 75 € 50 € Un conto

Aos premiados nas categorías infantís entregáraselles un vale canxeable por libros, material e xogos educativos e didácticos.

  1. Valoración

Á hora de conceder os premios valoraranse aspectos como a orixinalidade, vestiario, maquillaxe, calidade musical, capacidade de representación, coreografía… así como o desenfado e interpretación do disfrace que representan; nos grupos terase en conta ademais o número de compoñentes.

  1. Xurado

Estará formado por persoas designadas pola concellería de cultura, e un representante do Concello de As Pontes, con voz pero sen voto.

 

 Máis informacion: