Debido ás condicións meteorolóxicas adversas e co obxectivo de garantir a seguridade da Cabalgata de Reis de hoxe, tan só realizarán o percorrido as carrozas reais.
 
A Cabalgata dará comezo ás 18:00 horas desde a avenida Monte Caxado, despois transcurrirá pola avenida de Ortigueira, rúa Castelao, Praza do Hospital, para acabar no Cine Alovi, onde as SSMM os Reis Magos de Oriente serán recibidos polo acalde das Pontes e recollerán as cartas e peticións da rapazada da vila.
 
As portas do Cine Alovi abriranse a partir das 18:30 para a recepción real, que rematará cun espectáculo de pirotecnia ás 20:00 horas.