As Pontes, 13 de setembro de 2016. O aula CeMIT inicia un novo curso de informática para menores

Horario do Aula

Luns a xoves de 09:00 a 14:00

Venres de 09:00 a 14:00.

O día 19 de setembro o aula CeMIT do Concello de As Pontes, situada no soto da casa Dopeso, porá en marcha un novo curso dirixido ós máis pequenos da casa. Nel aprenderán a aproveitar á informática para mellorar os traballos escolares. Organización de arquivos e carpetas, buscas de información por internet e edición de documentos serán algunhas das actividades a realizar.

Esta actividade é totalmente gratuíta e está orientada a nenos de entre 8 e 12 anos. Dará comezo o luns 19 e rematará o xoves 29 cun horario de 17:00 a 18:00.

Para inscribirse  ou para solicitar máis información poden acudir ao Aula CeMIT das Pontes situada no soto do Edificio Dopeso (Rosalía de Castro Nº 28), chamar ó teléfono 637 900 975, enviar un correo electrónico a [email protected] ou visitar a web https://cemit.xunta.es