As Pontes, 14 de setembro| Un ano máis o Concello de As Pontes e o Olympo AS Pontes colaboran para levar ata a Carreira da Muller 2016, que se celebrará este domingo 18 de setembro, o maior número de deportistas posible. O sábado, 10 de setembro, pechábase o prazo para poder participar no evento deportivo con 300 pontesas inscritas. Lembramos un par de datos importantes:

-A recollida de dorsais e bolsa de corredor farase o venres (mañá e tarde) e sábado (mañá), en horario comercial en Opticalia Callao As Pontes.

-Os autobuses que pon o Concello de As Pontes sairán ás 7:30h dende a estación de autobuses.

-A carreira cambiou o percorrido, saíndo dende enfrente do estadio de Riazor, discurrirá polo paseo marítimo ata a zona da Torre de Hércules e volverá ó punto de inicio, cunha distancia aproximada de 6,5km.

-O autobús regresará de volta a As Pontes despois da entrega de premios, aproximadamente ás 13:30h.