RTVEume| Os alumnos e alumnas de saxofón celebraron na tarde do venres o seu concerto de fin de curso. Os pupilos de Roostvelt Bouza ofreceron unha ampla selección das obras coas que traballaron nas aulas no último trimestre. A alumna de primeiro, Jasmine, ofreceu ata tres dúos acompañada polo seu profesor, seguida por Naia Carballo e Sergio Formoso con dous dúos de Leopold Mozart e un terceiro de Telemann.

Eloy Tojeiro intepretou unha obra da compositora de primeiros do século XX Jeanine Rueff e, Judith Goti presentou la Sarabande de Gabriel Grovlez, para finalizar con Manuel Alén e os tres primeiros tempos da suite Nº 1 de Johann Sebastian Bach.

Posteriormente un cuarteto de saxofóns ofreceu obras de Borzak, e as bandas sonoras de longametrasxes como El Señor de los Anillos, La pantera Rosa, Los Simpson, ou Cazafantasmas.

Mañá martes, día 9, ás seis da tarde continuarán as audicións de fin de curso. Será o turno para os alumnos e alumnas de violonchelo. O mércores, á mesma hora, tomarán o relevo os estudantes de piano e o xoves, a aula polivalente acollerá ás seis e media da tarde o concerto de fin de grao de Manuel Vérez Rodríguez.

Tamén mañá martes será o último día de prazo para matricularse nas probas de acceso ao 1º curso de grao Profesional. O horario de atención ao público é de once da mañá a unha da tarde na Secretaría do Conservatorio.