RTVEume| A Comisión de Festexos do Carme e Fraga para o 2015 fixo o outro día público o cartel que servirá para anunciar as nosas festas patronais, e que terán lugar entre os días 17 e 25 de xullo.

Nesta ocasión, volvíase contar con Jonás Álvarez, encargado tamén de realizar o pasado mes de febreiro o cartel da feira do grelo de As Pontes, para elaborar o cartel co que se publicitará a homenaxe do pobo de As Pontes á súa patroa: a Virxe do Carme.

A composición inclúe diferentes fotografías da Festa da Fraga e da procesión de subida da propia Virxe que comparten tamén espazo con instantáneas coa natureza pontesa coma protagonista, coma o río Eume.

O que sí que teremos, é que agardar unhas semanas máis para poder coñecer o programa de festexos, do que veciños e veciñas poderemos desfrutar o vindeiro mes de xullo e que, coma sempre, será unha mestura de actividades de todo tipo e adaptadas aos gustos máis variopintos.